(I) Con gran coita nin sequera podo durmir nin vexo nada que me agrade, e das coitas do mundo é a maior: sufro certamente e non podo vivir, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.
(II) Amándoa, sufrín moito mal e moito afán desde que foi a miña señora, e moitas coitas polo seu amor, e agora vivo en coita mortal, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.
(III) Cando eu me afastei dela, logo alí tiven tal angustia que perdín o sentido por tres días, en que non fun consciente de nada, e agora morro e fágoo con razón, vede por que: porque non vexo aquí a miña señora, que eu vin para o meu mal.