(I) Co voso permiso, miña señora fermosa, que me quero eu ir e véñome despedir de vós porque me fostes traidora, téndome vós desamor cando eu vos amei sempre servíndovos desde que vos vin, e desde entón me odiastes no voso corazón.

(II) Pero aínda me dá máis pena de vós porque vos vexo así errar, pois eu ben poderei vivir de hoxe en diante sen vós, xa que unha dona moito mellor ca vós teño por señora, e que non sabe mentir así, que dificilmente cometerá traizón a un seu vasalo sen motivo.

(III) E veredes o amor que vos eu tiña, agora que me vin despedir de vós, e delatareivos por un voso pretendente vilán que tanto vos gusta e a quen lle fostes pedir a cinta: por iso non vos amarei nunca máis.