(I) Con medo de vós, miña señora, quero eu agora atreverme a unha cousa tal que, se Deus quixer, non poderei levar a cabo, porque probarei a vivir noutro lugar: e Deus non me dea poder para iso desde que eu me afastar de vós, (II) antes me dea a morte Deus, miña señora, e nunca me deixe estar así no mundo, contra a miña vontade, como xa sen vós estarei –seino– desde que non puider vivir convosco nin ver a vosa gran fermosura, (III) pois nunca quixo Deus, miña señora, facer no mundo outra igual a vós, nin tampouco quixo facer nada igual a esta coita que teño, e terei, desde que non puider vivir convosco, e Deus me deixe morrer cando eu me afastar de vós!