(I) Coidades vós, meu amigo, que eu non vos amo, mais que nada bo me aconteza se eu vexo no mundo algunha cousa que me quite o desexo de vós cando non vos vexo.
(II) E aínda que vós o pensades, no meu corazón vos teño un amor tan grande, meu amigo, que non coñezo cousa no mundo que me quite o desexo de vós cando non vos vexo.
(III) E nunca me amedes, o que será para min como a morte, se souberdes, meu amigo, que eu podo achar no mundo algunha cousa que me quite o desexo de vós cando non vos vexo.