(I) Vós pensades, meu amigo, unha cousa: que eu non me podo asañar sen razón contra vós como vós (facedes) contra min: por que non? Pensades de min nesa cuestión de forma errada, porque teño poder de me asañar así: eu contra vós como vós contra min.
(II) E se pensades que non teño poder, meu amigo, de me asañar convosco como vós comigo, pensades de forma errada, pois axiña vos farei ver que teño poder de me asañar así: eu contra vós como vós contra min.
(III) E se pensades que poder non teño de me asañar convosco, se eu quixer, tal como vós comigo, se vos prouguer, outro tanto me asañarei convosco, porque teño poder de me asañar así: eu contra vós como vós contra min.
(IV) Mais, xa que Deus me vos deu por amigo e a min a vós por amiga hai xa moito tempo, deixade de pensar o que pensades, pois ben vos digo que teño poder de me asañar así: eu contra vós como vós contra min.