(I) Pensades vós, miña señora, que estou moi mal convosco, e eu penso que estou moi ben, señora, por unha razón que vos agora direi, pois non por outra causa: se morro, morrerei por vós, señora; se me ademais fixerdes ben, aínda mellor.

(II) Tan doce vos quixo Deus facer, señora, e tan bela e tan ben falar que non podería eu estar mal convosco, por canto vos quero dicir: se morro, morrerei por vós, señora; se me ademais fixerdes ben, aínda mellor.

(III) Ámovos tanto e con tanta razón, aínda que nunca recibín ben de vós, que eu penso isto e vós (pensades) que non é así; mais sinto moito ánimo no meu corazón: se morro, morrerei por vós, señora; se me ademais fixerdes ben, aínda mellor.