(I) Pensades vós que Deus me fai a min desexar tanto esta muller, que me fai amar, por outra razón senón para o meu mal e o destes meus ollos, e por me facer entender cal é a moi gran coita que (hai que) sufrir?
(II) E Deus non me foi mostrar os seus ollos nin ma fixo tomar como señora senón porque El tivo un gran desexo de que eu sufra pesar con estes meus ollos, e por me facer entender cal é a moi gran coita que (hai que) sufrir.
(III) E eu vin os seus ollos e a súa fermosa aparencia para o meu mal, e para o meu mal, e non por outra causa ma fixo ver Deus nese momento con estes meus ollos, e por me facer entender cal é a moi gran coita que (hai que) sufrir.