(I) Pensaba eu, cando non entendía que era unha loucura amarvos, fermosa señora, que eu podería deixar de o facer logo que o puidese entender; mais entendo agora que fago unha loucura por vos amar, mais non deixo de o facer, antes vos quero mellor aínda.

(II) Pensaba eu que non me podería vir de vós, miña señora, outra cousa excepto ben, pois non pensei que de vós me viría tanto mal como me agora vén; e facía o correcto, e non outra cousa, en non pensar que me viñese mal, señora fermosa, de onde o non había.

(III) E por cousa moi marabillosa o tería, señora, quen agora soubese de que forma me vén, e obraría xustamente, pois nunca vistes unha marabilla tal, porque me vén mal de onde Deus non o quixo dar, señora, e coita moi grande e pesar de vós, de quen vir non me debía.

(IV) Por iso, señora, sería obrar con criterio e gran mesura, así Deus me ampare, facérdesme vós ben algún día, xa que tanto mal me facedes levar; e se me fixésedes ben, señora, sabede (unha cousa): a vós vos cadraría mellor e, ademais, Deus volo agradecería.