(I) Pensaba eu que tiña moitos amigos no mundo, mais, infelizmente, non teño amigos, pois, tan coitado como estou morrendo, alguén se debería apiadar de min, que morro e non ouso dicir de que morro, e quen me fai morrer non o digo eu nin ninguén máis (o di) por min.
(II) E os amigos en que confiaba, de quen considero que fun axudado noutros asuntos, non llo din; mais, se algún deles resolvese obrar asisadamente, moito me axudaría se llo dixese, e con iso nunca podería perder nada e a min poderíame ter librado dun pesar.
(III) Mais isto é cousa moi despropositada, porque non coñezo ninguén con tal poder que, logo que vise a miña señora, fose quen de lle saber dicir a coita que me provocou após a (eu) ter visto, pois, unha vez que contemplase a súa fermosura, eu logo lle había de esquecer e falaría antes por si, se puidese.
(1) E realmente penso, conforme o meu saber, que, despois que fose a onde a puidese ver, que nada dos meus asuntos nin dos seus lle diría.