(I) Dunha gran coita Deus fai un gran gozo, segundo canto eu entendo e sei, e dun gran pesar, un gran pracer, e direivos por que o penso: porque vin a miña señora irse de aquí e agora véxoa vir.

(II) Xa por coita nin por pesar que eu teña no meu corazón non me quero eu queixar moito, e direivos por que non: porque vin a miña señora irse de aquí e agora véxoa vir.

(III) E eu sempre me esforzarei contra o pesar, se o tiver; se o perdo, non o quererei ter nunca máis, se Deus quixer, porque vin a miña señora irse de aquí e agora véxoa vir.