(I) Desde o día, ai amiga, que nos afastamos de vós, foise connosco o voso amigo e, por canto nós ouvimos, amiga, e, por canto vimos –queredes que volo diga?–, nunca tan leal amigo vistes, amiga, (II) cando marchamos –chorando vós e nós chorando convosco– e el, contra a súa vontade, se tivo que ir connosco; mais, polo que eu o coñezo, sempre serei do seu bando, porque, mentres vós chorastes, el nunca deixou de chorar (III) coma vós: e choraba e afastábase para estar só, e ollábame el os hábitos, que eu vestía con dó; e aínda que lle preguntaban por que choraba, ocultouno, mais a min non mo ocultaba, e por iso estou segura, amiga, que por vós choraba.