(I) De Martin Moxa falan mal as xentes e dinlle, por mal, que é casado; non llo din senón os maldicentes, porque eu o vexo como un verdadeiro clérigo (con todas as ordes) e vestir unha gran capa no coro; e os que lle andan buscando mal por (el) foder non lle vaian cumprir penitencia polo seu pecado.
(II) Fala mal del a xente sandía e non o fan senón con malicia, pois eu véxoo no coro cada día e vestir capa e sobrepeliz; e moito fala el alí, moito mellor canta: se el é pecador por foder, non lles corresponde a eles facer xustiza.