(I) De me facerdes vós, señora, ben ou mal, todo iso correspóndevos a vós, e a min sufrir me corresponde o mal, certamente, pois ben sei que o ben non o hei de recibir; mais que gran coita teño que sufrir, pobre coitado, (II) porque eu vivo hoxe, señora, no mal que recibo de vós! Mais non espero nada do voso ben e sempre penso no meu mal, que paso e que hei de pasar, como ter que desexar por sempre o moi gran ben que Deus vos deu.

(III) E xa que eu, señora, sufrín e sufro por vós tanto mal e que non espero de vós outra cousa, en que mal día nacín, pois eu de vós non hei de recibir outro galardón agás coita, que sempre tiven desde que vos vin!