(I) Morrerdes por min é moi xusto, amigo, pois eu son tan fermosa que por isto debedes vós ser castigado e Deus sexa louvado, pois, abofé, non é desatinado (o feito de) morrer por min quen vir moi ben esta miña fermosura.
(II) Non vos debo agradecer (o feito de) morrerdes por min, pois iso fará calquera que saiba apreciar a beleza da muller; e, pois Deus me deu esta (fermosa) aparencia, non é desatinado (o feito de) morrer por min quen vir moi ben esta miña fermosura.
(III) Nunca vos terei que agradecer por vos matar Amor por min así; e, meu amigo, aínda vos direi máis, xa que Deus me quixo dar esta (fermosa) aparencia: non é desatinado (o feito de) morrer por min quen vir moi ben esta miña fermosura (1) que Deus me deu, e podedes crer que non teño nada que vos agradecer por iso.