(I) De canto eu sempre desexei da miña señora non teño nada, e o que moito receei que me pasase todo me pasa, porque eu sempre desexei máis que ningunha outra cousa vivir con ela, e, mal que me pese, terei que deixar de o facer. 

(II) E xa que terei que partir (de onde a podo ver), ben pode ela entender isto: que lle farei moita guerra porque me fai ir de aquí, de onde eu son natural, e coñezo eu un vasalo seu tal que lle haberá de morrer por isto. 

(III) E non o pode protexer da morte se me fixer mal, porque eu hei de ter unha morte; e, despois de eu morrer, aínda quererei recibir recompensa por min, e quitareille este home por quen me quere mal. 

(IV) E despois de lle eu quitar este home, fágame ela mal se puider, e non o poderá facer; mais pode entender, se quixer, que logo eu estarei a salvo dela e non a temerei, despois de que eu lle faga isto.