(I) Canto eu temía que o infanzón non ten xuízo, todo se cumpre, porque lle pedín as roupas que traía e respondeume o que tivo a ben: que as quería traer á vontade o (tempo) que lle parecese e despois, ao cabo, que non mas daría.
(II) E porque o vin entón tan empeñado en usar aquela roupa, máis empeño puxen en lla pedir; e díxome el –e eu fiquei moi satisfeito–: «Ídevos a outro lugar e, cando vos vexa de novo, hei de ocultar a roupa ante vós para que non reparedes nela».
(III) E por iso xa serei sempre do seu bando, pola maneira como me cedeu as roupas cando eu me afastaba del amolado: chamoume e, des que me chamou, (díxome): «Joán Servando, aínda que me vou así, non vos darei as roupas por propia vontade».