(I) De vós, señora, querería eu saber, pois desexades ver a miña morte e eu non morro e querería morrer, que me digades o que hei facer eu en tal situación.
(II) A miña morte traeríame un gran ben, porque sei que iso vos agradaría, e, xa que non morro, acudo a vós por iso, (para) que me digades o que hei facer eu en tal situación.
(III) Pola miña morte, que vos vin desexar, rogo eu a Deus sempre, e non ma quere dar, e véñovos, miña señora, preguntar que me digades o que hei facer eu en tal situación.
(IV) Pola miña morte roguei a Deus e a Amor, e non ma dan para me facer estar peor convosco, e acudo a vós, señora, (para) que me digades o que hei facer eu en tal situación.