(I) Desde que me mandastes, miña señora, que nunca máis vos falase, tívome en tan gran coita o voso amor que pido a Deus a miña morte, e non me vén, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min

(II) Porque vós non vos lembrastes de min, que vos amo, señora, máis que a calquera outra cousa, faime vivir o voso amor de tal modo que me sería de proveito a miña morte, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min

(III) E, xa que vos Deus fixo tan prudente que non errades, señora, en cousa ningunha, lémbrevos tamén algunha vez en que gran coita o voso amor me ten, porque non me atrevo a vos mostrar a miña coita, nin vós vos queredes lembrar de min.