(I) Desde que tan dolorosamente para min vos fostes de aquí, meu amigo, tiven tan gran coita por iso cal agora vos quero dicir: que os meus ollos non fixeron senón chorar desde entón, nin quixo o meu corazón que fixesen outra cousa senón chorar.
(II) E, desde que eu me encontrei sen vós, nin sequera souben que facer, e fiquei por iso moi triste e con gran coita e pesar, que os meus ollos non fixeron senón chorar desde entón, nin quixo o meu corazón que fixesen outra cousa senón chorar.
(III) E fun orar a San Clemenzo e non vos vin, e desde aquel momento, meu amigo, pásame isto: que os meus ollos non fixeron senón chorar desde entón, nin quixo o meu corazón que fixesen outra cousa senón chorar.