(I) Desde que vos eu vin, miña señora, vénme o moi grande afán e o moito mal que teño por vós, mais direivos algo: antes de que vos eu vise, doutra cousa eu sei que non vira tan gran pracer como vexo agora só por vos ver.

(II) Desde que vos eu vin, sei que é a maior coita do mundo esta que sufro por vós, mais acontéceme o que aínda vos direi: antes de que vos eu vise, miña señora, eu sei que non vira tan gran pracer como vexo agora só por vos ver.

(III) Desde que vos eu vin, miña señora, deume Deus gran coita e gran pesar, cada vez que non vos vin; mais, aínda que así me acontece con vós, antes de que vos eu vise, eu sei que non vira tan gran pracer como vexo agora só por vos ver.

(1) E, desexando eu este pracer, cando non vos vexa farame morrer.