(I) Desexándovos eu a vós, miña señora, seguramente morrerei, e aquilo polo que eu por iso me sinto peor é por unha cousa que vos direi: porque sei, sen dúbida, que despois de morrer terei de sufrir unha gran coita por vós como agora teño. 

(II) E por iso e polo voso amor xa eu sempre terei unha gran coita aquí, en canto eu vivo for, pois, desde que eu morra, ben sei que non a hei perder nunca, porque non podo ter o voso ben, pois por outra cousa non a perderei. 

(III) Por cantas outras cousas existen que Deus fixo boas no mundo, por eu as ter todas non perdería a coita por iso; e poderíaa perder, miña señora, só por vos ver con tal que a vós iso vos agradase. 

(IV) Agora vos digo eu razoadamente como me vai convosco, pois, Deus o sabe, hai moito tempo que eu desexei máis que ningunha outra cousa, señora, dicirvos isto; pero non me atrevín a facelo, agás agora, porque me vou de aquí.