(I) Eu desexo recibir o ben da miña señora, mais non desexo recibir dela un ben tal, que por ser ben para min sexa mal para ela; e por isto, por Noso Señor, non querería que me fixese tal ben en que perdese nada do seu, pois non é meu ben o que seu mal for.
(II) Antes penso eu que o que é mal para ela é mal para min, e pénsoo con razón; por iso desexo de corazón recibir dela un ben tal, abofé, en que ela non perda nada do seu valor nin lle diga ninguén que fixo mal, e Deus non me dea outro ben dela.
(III) E eu xa vin moitos namorados a quen non lles importaba nada que as súas señoras estivesen mal, xa que os compracían a eles, e por iso digo así: se eu amo a miña señora polo meu ben e non teño en conta nada do seu, non amo eu á miña señora, mais ámome a min.
(1) E mal me veña se eu fun tal, pois, desde que eu no mundo andei por seu (servidor), amei o seu proveito máis que o meu.