(I) Mandaron agora os fillos de Don Fernando desafiar desde Tudela ao rei de Castela. E dixo o rei logo: «Ide alá, Don Vela, aceptade o desafío e mostrade no meu nome este argumento»: se quixeren, a cambio do reino de León, tomen no seu lugar Navarra ou o reino de Aragón.
(II) Facédelles aínda outra proposta: a cambio do reino de León dareilles canto posúo en Lombardía, e fágolles isto para rematar a disputa, e obro como é debido, xa que son meus sobriños: se quixeren, a cambio do reino de León, tomen no seu lugar Navarra ou o reino de Aragón.
(III) E vede agora, amigos, se son enganado e facede de forma que sexa sen dano para min; se quixeren tregua, dádella por un ano, outórgoa por min, e por eles Don Gastón: se quixeren, a cambio do reino de León, tomen no seu lugar Navarra ou o reino de Aragón.