(I) Desmentiume aquí un trobador do que dixen da ama, sen razón; a algunhas cousas poríalles un «pero» e a outras diría «non»; mais quero eu dicir onde mentín: en non dicir a metade da beleza que moi grande lle deu Noso Señor, (II) porque certamente a fixo a máis fermosa de cantas outras no mundo hai, e moito máis doce, e falar con máis razón e rir, e facer todo o demais; e fíxolle coñecer tanto ben que de todo ben é moi coñecedora, (III) e por isto rogo a Noso Señor que poña na súa vontade facerme ben, pois eu non me atrevo a rogarllo, e se me ela quixese facer ben, non querería ser rei nin seu fillo nin emperador (1) se por iso tivese que perder o seu ben, pois sen ela non podo eu ter ben no mundo nin de Noso Señor.