(I) Deus, e en que estaba pensando cando me fun da terra onde vin a miña señora? Fixen un mal negocio por me atrever a facer iso, porque sei que non podo vivir de forma ningunha se non a vexo: Deus, e que pensei que facía?

(II) Unha loucura, e debía saír prexudicado, amigos, por canto tentei afastarme de alí; e direivos máis: non o podo soportar e penso sempre en tornar alí e fixen, por canto me afastei de alí, unha loucura, e debía perder (III) o corpo (a vida) e non outro ben que teña; todo isto eu o busquei moi ben e heino de lamentar, pois sei que polo que fixen non podo vivir, e así é que, certamente, perderei o corpo (a vida) e non outro ben que teña.

(IV) Mais quen me podía valer agás Deus, a quen rogarei que dispoña as cousas para eu ir, e irei cedo a onde a vin para vela, pois non sei amar tanto outra cousa; e se El non me dispuxese isto, quen me podería valer?