(I) Deus, meu Señor, se vos prouguer, privádeme Vós deste poder que eu teño de vivir moito, pois, mentres eu tal poder teña para vivir, nunca perderei esta coita de amor que hoxe teño no meu corazón, (II) porque ma fai ter unha muller tal que nunca me ha facer outra cousa pola que eu a poida xa perder, pois, en canto eu puider vivir, por isto non a poderei eu perder de ningunha forma; mais aínda terei máis dela con moita razón, (III) pois non é coita de amor aquela que vén acometer un home se o deixa sen o seu ben ou sen morte ou se fai algo mellor, antes semella un outro mal moi diferente. E a quen sofre esta tal coita, excepto se morre, non lle prace!