(I) Direivos o que me pasou, miña señora, xusto cando eu me separei de vós: por vós, fermosa miña señora, houben de morrer, e morrera; mais pensei que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.

(II) Pensando en canto ben vos fixo Deus en beleza e en moi ben falar, morrera eu; mais, polo moito que vos amo, máis me fixo Deus pensar que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.

(III) Pensando na vosa gran beleza houben de morrer, así Deus me perdoe, e pola vosa gran fermosura morrera eu; mais lembreime entón que nunca vos vería desde ese instante se morrese, e por isto non morrín.

(1) Pensando en vós houben de morrer así, e pensando en vós, señora, sobrevivín.