(I) Díxome así hoxe un home: «Vaise de aquí un rico-home». Díxenlle eu: «Por como el come, con que eu fique en Lisboa, xa que se vai o rico-home, señor, váiase en boa hora». 
(II) E díxome el: «Vaise por Leiria, camiño de Seia». Díxenlle eu: «Por como el cea, con que eu fique en Estremadura, se vai camiño de Seia, váiase el con boa ventura». 
(III) E díxome el: «Por este camiño de entre Douro e Miño se vai». Dixen eu: «Pois eu bebo bo viño aquí onde como e sen me preocupar, se el vai a entre Douro e Miño, señor, váiase en boa hora».