(I) Dixéronvos, miña bela señora, que a min non me mata o voso amor, e eu non o nego, pois eu poño en coñecemento de calquera que o queira saber que a min non me mata o voso amor, mais mátame (o feito de) de que o non podo ter, (II) pois ben sei que vos dixeron de min que non me mata o voso amor, tal como alguén pensa; e eu respecto a iso tanto vos digo a vós, porque non o podo ocultar máis: que non me mata o voso amor así, mais mátame que non mo quere Deus dar.
(III) E os que pensan que desa maneira me van pór a mal convosco, dino abertamente e eu non o nego, pois teñen o coñecemento; por iso entendo que non poderei (negalo), porque non me mata o voso amor, certamente, mais mátame, señora, que non o teño.