(I) Di o meu amigo que o mandei irse, amiga, cando se foi de aquí, e, se llo dixen ou se o vin, non vexa eu pracer da pena que teño, mais, se el é inxusto comigo ao dicirmo, véxase el axiña aquí no meu poder.
(II) E vede, amiga, o que me parece mal: os que o viron contan que el di que o mandei ir, e, se o fixen, nunca eu sexa tratada con xustiza por el nin por ninguén, mais, se el é inxusto comigo ao dicirmo, véxase el axiña aquí no meu poder.
(III) E, abofé, que gran inxustiza comete agora comigo ao dicir, amiga, que o mandei ir! E, se así é, tal como el me busca mal, buscareille eu ben, mais, se el é inxusto comigo ao dicirmo, véxase el axiña aquí no meu poder.
(1) E, se el vén aquí, prementemente lle preguntarei quen llo mandou dicir.