(I) Di o meu amigo que morre, sen remedio, porque non pode recibir ben de min, e quéixaseme moito e di así: que eu o mato e que fago moi mal; mais de onde saca el que eu o mato se el morre porque eu non lle dou do meu (non lle fago ningunha concesión)?
(II) Está todo disposto para que morra moitas veces, se el morrese cada vez que eu non lle dese nada do meu agás cando eu quixese, e di que o mato co meu mal facer (por non lle corresponder); mais de onde saca el que eu o mato se el morre porque eu non lle dou do meu (non lle fago ningunha concesión)?
(III) Di que está tan coitado de amor que nada o librará da morte porque non tivo nin ten o meu ben, e dime el: «E matádesme, señora»; mais de onde saca el que eu o mato se el morre porque eu non lle dou do meu (non lle fago ningunha concesión)?
(1) E enfádase comigo, mais eu ben sei que a saña, todo, é por causa do que el desexa de min (e eu non lle concedo).