(I) Dime agora o meu amigo que non virá porque ama a outra muller; mais quen crerá tal cousa, que nunca el de corazón ame moito unha muller senón a min?
(II) Pode o meu amigo dicir que ama alguén máis que a si nin que a outra cousa nin que a min; mais isto non se pode crer, que nunca el de corazón ame moito unha muller senón a min.
(III) El finxe, seino ben, que morre de amor por outra e que non me ten a min por señora; mais eu isto non o crerei, que nunca el de corazón ame moito unha muller senón a min.