(I) Vós dicides, señora, que, se me fixésedes ben, sería mal para vós, e eu non considero que obredes con sentido ao me deixardes morrer en poder de Amor, pois eu non me quero a min nin a cousa ningunha tanto como a vós, miña señora.
(II) Ben me podedes vós deixar morrer se quixerdes, como señor que ten o poder para iso (de obrar así); mais sabede agora que me sería mellor salvarme, pois eu non sei querer no mundo cousa ningunha tanto como a vós, miña señora.
(III) Eu sempre vos aconsellarei, señora, que me fagades ben para me librar de morte, e vós debédesmo agradecer, porque mal estará se eu morro por vós, pois eu non quixen no mundo cousa ningunha nin a quererei tanto como a vós, miña señora, (1) porque nunca vin nin vererei dona con tanto ben coma vós, miña señora.