(I) Dinme cantos amigos teño que nunca perderei a coita de amor se non me vou lonxe da miña señora; e dígolles eu como vos direi: «Por Deus, sempre eu vivín lonxe dela e do seu ben, e non perdín (II) a coita de amor». Pero din que mellorarei o meu estado se vivir lonxe dela, que non me quere valer; mais eu a iso respóndolles deste xeito: «Por Deus, sempre eu vivín lonxe dela e do seu ben, e non perdín (III) a coita de amor». Pero dinme que eu non podo vivir se non me afastar de tal señora, que non se quer lembrar de min; mais dígolles eu entón: «Por Deus, sempre eu vivín lonxe dela e do seu ben, e non perdín (1) a coita de amor, nin noutro lugar nin alí a sobrevivirei, pois xa moito sobrevivín».