(I) Pregúntanme as xentes por que non trobei hai moito tempo e sorpréndense por iso; mais non saben nada dos meus asuntos, porque, se soubesen ben o que eu sei, marabillaríanse logo de min por como vivo e como vivín e, se máis vivo, como vivirei.

(II) Mais non o saben nin de ningunha maneira llelo direi xa en canto eu viva; mais ficarei calado con canto mal me vén e sempre así sufrirei a miña coita, porque eu non quero falar da miña coita a quen sei ben que non me ha de dar un remedio mellor do que eu tomarei nesta situación.

(III) E eu xa decidín o remedio que para iso empregarei, porque así me convén: morrer coitado como morre quen non ten solución como eu hoxe non teño, e esta morte mellor me será que vivir na coita que non ten igual nin o tivo nunca, eu o sei.

(1) E mellor é, e será no meu beneficio o morrer cedo e non saberen quen é aquela por quen morro e que sempre mantiven en segredo.