(I) Din que ando dicindo que vos amo, señora, e buscan pórme a mal convosco; mais rogo a Deus, que pode e vale e que ten o mundo e a vós no seu poder: se o dixen, déixeme mal morrer; se non, señora, a quen volo foi dicir.

(II) E veño a vós chorando por estes meus ollos con vergoña e con pavor e coa coita que sinto por isto que vos dixeron, señora; e rogo así a Deus: se o dixen, déixeme mal morrer; se non, señora, a quen volo foi dicir.

(III) Non me sei doutra maneira escusar por iso, mais nunca o soubo home nin muller por min, nin vós; e a Deus, se lle prouguer, rogo eu así canto podo rogar: se o dixen, déixeme mal morrer; se non, señora, a quen volo foi dicir, (1) e fágalle tal coita sufrir cal a min fai e non me atrevo a expresar.