(I) Din, señor, que un voso parente vos vén traer a conta polos seus servizos e dicirvos, a maneira de reclamación, que vos serviu como leal servidor; e, se vos el vén reclamar, certa resposta lle debedes dar cando diga que vos serviu lealmente, (II) porque se el vos quere convencer de que vos serviu sen engano, pola súa conta, que con ese argumento vén traer como certa, por canto eu sei, certa resposta debe de levar de vós cando diga que vos serviu lealmente.
(III) E xa que el pensa que vos convencerá que vos serviu como home de nobre condición, non cómpre neste caso responder por mensaxeiro; mais vós, señor, con ledo semblante lle debedes tornar certa resposta, sen lle dar máis voltas, cando diga que vos serviu lealmente.