(I) –Din, señora, que dixestes sobre min que houbo un tempo e que houbo unha ocasión en que vos agradaba ouvirdes falar de min daquela, e que xa non é así.

–Din verdade, amigo, porque non entendía o que despois entendín.

(II) –E, señora, din, aínda que vos amo tanto que morro, que de nada me vale, pois vós dicides deste tal amor que nunca del vos vén máis que mal.

–Din verdade, amigo, e, xa que é mal, non faledes diso, porque non vos ten proveito ningún.

(III) –Mais eu penso, fermosa miña señora, que, desde que vos vin, sempre evitei causarvos pesar; mais que farei, pois por vós morro e non teño desexo de ningunha outra cousa?

–Non vos vale de nada, amigo, porque xa coñezo o porqué de todo o voso amor.