(I) Gárdanme do meu amigo, que amo tanto, e non ouso de ningunha maneira ir a Santa María.

(II) Gárdanme del para que non o vexa e non me deixan, de ningún modo, ir a Santa María.

(III) Para que o non vise, aínda que quixese, por iso procuraron que non puidese ir a Santa María.

(IV) (Para que) nin eu o vise nin tanto o amase, xa que Deus me deu quen me non deixase ir a Santa María.

(V) Desde que o vin en Xullán un día, xa non me deixan, como soía, ir a Santa María.