(I) Daquel que ben serve sempre ouvín dicir que ben pide, mais dígovos de min –aínda que eu, hai moito tempo, servín ben a unha dona que me ten baixo o seu poder– que non considero que, polo meu ben servir, teña razóns para, por iso, pedir o maior ben dos que Deus quixo facer.
(II) Ben creo eu que o que ben serve debe ter oportunidade de por iso pedir ben con razón; mais é este un ben tan grande que non pode outro ben ser semellante, pois o (feito de) eu servir ben a unha dona tal por lle pedir un ben que tanto vale nin sequera debo pensalo.
(III) E, meus amigos, quen ben considerar o grandísimo ben que Noso Señor outorgou a esta dona, con certeza sei eu, se tiver xuízo, que ben pode entender que, por servir, cantos no mundo existen nin sequera deben pensar que haxa lugar para pedir tal ben.
(1) Por iso, querendo ou non, a min me convén servir ben, non tendo motivo para que, por servir ben, poida esperar algún ben.