(I) Do que eu quixen, por curiosidade, saber de Álvar Rodríguiz e deste infante mouro moi novo, xa sei canto quería saber sobre o asunto por mestre Alí, de quen souben que Álvar Rodríguiz lle dixo así: que xa hai tempo que fodía o mouro.
(II) Así como el protexeu este mouro do frío e da fame, desde que o ten ao seu cargo, máis aínda o debera protexer do foder, xa que con el sempre se alberga e come, pois mestre Alí xura pola súa fe que xa de Álvar Rodríguiz ten a certeza de que fode o mouro como fode calquera outro home.
(III) Álvar Rodríguiz garde aló no seu seo todo o proveito que el tire deste mouro, a quen non quixo privar do seu foder, actividade a que chegou sendo tan noviño; porque mestre Alí di que hai xa uns días que sabe de Álvar Rodríguiz que xa fode este mouro a carallo cheo.