(I) Don Airas, xa que me rogades que vos dea o meu consello, diréivolo publicamente: eu considero axeitado que vos vaiades moi lonxe de min e co meu beneplácito.
(II) E por vos eu aconsellar ben non vai empeorar a miña relación con vós, pois eu aconséllovos o mellor: que vaiades morar moi lonxe de min e co meu beneplácito.
(III) Douvos consello de amigo, e sei que se vós crerdes isto e o fixerdes, moraredes onde vos digo: moi lonxe de min e co meu beneplácito.