(I) Don Fernando, aínda que me maldigades, quérovos desenganar, porque escoito a xente falar mal das vosas cabalgadas, algo do que vós non sodes precavido (de cabalgar e/ou de que falen mal diso): cabalgades pola sesta aquí e cabalgades tamén pola noite, e a xente sospeita que por algo mao cabalgades.
(II) Mais rógovos agora que me creades e aceptedes o consello que vos quero dar: se queredes, Don Fernando, estar a ben coa xente, mellor do que estades, señor, refreade os vosos impulsos e non cabalguedes tan ás toas, tan sequera por piedade das vosas bestas que matades.