(I) Don Fulano, cando este ano chegou aquí por primeira vez e viu que había revolta e guerra, sentiu tal vontade de volver para a súa terra que logo tomou o seu corazón por adaíl; e el –por afastalo máis cedo da guerra– fíxolle abandonar alí o mérito e o valor, e pasou a serra.

(II) Nisto fixo como persoa sensata: en tomar un guía coñecido e que sabía moi ben os pasos perigosos do camiño; e el protexeuno logo moi ben deses perigos facendo que deixase a lealdade á dereita e a loita (a lide, a batalla) á esquerda [...].

(III) O adaíl que o guiou por aquel carreiro era moi arteiro, pois fíxoo desviar da fronte de batalla e abandonar ao seu señor nesa guerra; e direivos outra cousa que lle fixo deixar alí: o ben que puidera facer se ficase fíxoo pór alén de Talaveira.

(IV) Moi ledo se puxo, así Deus me perdoe, cando se viu fóra daqueles pasos perigosos que xa vos contei, e dixo nese intre: «Por Deus, adaíl, que gran razón teño en encomendarvos sempre a miña facenda, pois que xa non me mova deste lugar, se algunha vez pensei en poder pasar de Lora (del Río).

(1) E que o demo leve o mérito e as armas e a lide, que non é un xogo aquilo que fai chorar os homes!».