(0) Donas, habedes ver o proveito que lle ten (ao meu amigo) o lle saberen que me ama.
(I) Por Deus, donas, ben podedes xurar que o meu amigo me causou pesar; mais, Deus!, é que pensa gañar o meu favor por lle saberen que me ama?
(II) Soportareille o feito de me chamar «señora» nos cantares de amor que facía; mais nomeoume, e todo polo gusto de lle saberen que me ama.
(III) Foime el nomear nos seus cantares; vede logo se me debo queixar, pois o meu amigo non se quixo privar de lle saberen que me ama.