(I) Dos que agora están na guerra, amiga, querería saber se han vir tarde ou cedo, por isto que vos quero dicir: porque alá está o meu amigo.
(II) De grado querería ter noticias dos que están alá, porque as non teño, amiga, por Deus, por algo que agora vos direi: porque alá está o meu amigo.
(III) E sabedes unha cousa? Así Deus me dea boas noticias, amiga, querería saber novas deles, e vede por que: porque alá está o meu amigo, (1) pois por outra razón non volo digo.