Fernán Rodríguiz de Calheiros pretendía de amores unha doncela, e andaban en tratos para casar esta doncela con Fernán Roíz, dito “Corpo Delgado”, e ela dixo que o non quería; e por isto fixo este cantar Fernán Rodríguiz, e di así:
(I) Eu estou moi sorprendido polo moi ben que unha doncela enfadada me argumentou o outro día, pois díxome que antes quería ser mal feita que ter corpo delgado.