(I) Vivo en gran coita, señora, para a que Deus nunca me quixo dar remedio, e quéreme matar, e para min sería mellor; mais para o meu mal se detén, para vos vingar ben de min, miña señora, se vos causo pesar.

(II) E así hei eu de morrer, vendo a miña morte ante min e sen poder adoptar unha solución nin esperala de parte ningunha do mundo; e ben sei, señora, que así morrerei, pois tal é o voso pracer.

(III) E ben o podedes facer se eu vos merecín a morte; mais, por Deus, sede prudente niso, pois todo está nas vosas mans; e, señora, preguntareivos se, polo servizo que vos procurei prestar, hei por iso de recibir morte.