(I) En infausto día me fixo Deus nacer naquel día en que eu nacín, e en infausto día me fixo ver a miña señora cando a vin por primeira vez, e infelizmente vin os seus ollos e infelizmente me fixo entón Deus ver o moi fermosa que é.
(II) E en infausto día Deus me fixo percibir o moito ben que eu percibín nela, e en grave día me fixo coñecer aquel día en que a coñecín; e en infausto día ma fixo entón, meus amigos, infelizmente, ma fixo Deus, tanto como a eu amo, amar.
(III) E infelizmente para min lle falei aquel día en que lle eu fun falar, e infelizmente para min a ollei cos meus ollos cando a fun ollar, e infausto día foi para min entón cando a vin, infelizmente, pois eu nunca unha muller tan fermosa verei.
(IV) E en infausto día para min comecei (unha relación) coa miña señora cando eu fun comezar con ela (unha relación); en infausto día desexei o moito ben que ela me fixo desexar; infausto día foi para min desde o momento en que a vin, infelizmente: pois non morrín por ela, nunca morrerei.
(1) E porque me afastei dela entón, esmorezo mil veces e non recoñezo, abofé, ningunha parte de min.
(II) E non me culpen desde agora de estar sandeu, pois ensandecín pola muller máis fermosa que coñezo.