(I) –En grave (mal) día, señora, vos ouvín falar e vos viron estes meus ollos!

–Dicide, amigo, que podo eu facer neste caso, así Deus vos valla.

Faredes o que sexa xusto para min, señora?

Farei, amigo, facendo eu o mellor.

(II) –Desde o o momento que vos ouvín falar, señora, non puiden despois sentir ningún ben.

–Amigo, quérovos agora preguntar que me digades o que eu podo facer respecto a iso.

Faredes o que sexa xusto para min, señora?

Farei, amigo, facendo eu o mellor.

(III) –Desde que vos vin e vos ouvín falar, non vin pracer, señora, nin durmín nin folguei.

–Amigo, dicídeme, así Deus vos perdoe, o que (queredes que) eu faga, porque eu non no sei.

Faredes o que sexa xusto para min, señora?

Farei, amigo, facendo eu o mellor.